Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mingueza: "No Barça irán a tope e nós imos deixar a vida"

Mingueza: "No Barça irán a tope e nós imos deixar a vida"

O defensa celeste, formado no Barcelona, recuperouse para os últimos partidos de Liga

G24.gal 31/05/2023 14:15 Última actualización 31/05/2023 14:21

Que ninguén agarde un Barcelona relaxado en Balaídos. Aínda ten obxectivos. Por exemplo, o récord de Liaño co Deportivo que podería superar Ter Stegen. A todo iso se referiu Óscar Mingueza esta mañá. O defensa celeste, formado no Barcelona, recuperouse para os últimos partidos de Liga.

"Sei como é Xavi. Quere gañar. Vexo a un Barça competitivo, con poucos xogadores. Irán a tope e nós ímonos deixar a vida".

Xogou en San Mamés e en Cádiz e prepárase para a final deste domingo en Balaídos

"Todo empeza pola afección. Que eles vexan desde o bus e o campo o que quere a afección. Temos que ser intensos, agresivos e estar concentrados. Deixarnos a vida nos duelos, en ter o balón".

Mingueza falou sobre as declaracións de Aspas e a posterior conversa no vestiario en Afouteza

"Falamos do equipo. Cada un pode pensar dunha maneira. Hai que estar xuntos, temos unha final e hai que tirar todos do mesmo lado".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos