Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mingueza acabará a temporada co Celta e fichará pola Juventus

Mingueza acabará a temporada co Celta e fichará pola Juventus

O Barça posúe o 50 % dos seus dereitos, polo que cobraría a metade dun posible traspaso que obtivese o Celta

G24.gal 14/01/2026 14:42 Última actualización 14/01/2026 14:57

Óscar Mingueza vai ser ser un dos grandes protagonistas do mercado de fichaxes. O lateral do Celta de Vigo acumula un bo número de pretendentes neste mes de xaneiro. A finalización do seu contrato en xuño e a falta de acordo para a renovación provocan que non sexan poucos os equipos que tratan de facerse cun futbolista que parece telo todo encarrilado coa Juventus de Turín. E é que en só uns días comezou a gañar forza a posibilidade de que Mingueza firme coa 'vecchia signora', algo que algúns xa dan por feito.

O certo é que todo é unha incógnita e o único que parece claro é que o Celta de Vigo non quere desfacerse do xogador neste mercado de xaneiro. Na Sede non están dispostos a desprenderse do xogador, peza importante no esquema de Claudio Giráldez, debido ao escaso beneficio económico que tería.

Segundo puido saber a TVG, Mingueza acabará contrato con Celta e fichará polo equipo italiano.

Hai que ter en conta que en toda esta operación hai que ter en conta que o Barça posúe o 50 % dos seus dereitos, polo que cobraría a metade do traspaso que obtivese o Celta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade