Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha investigación galega estuda os beneficios dos minerais na loita contra o cancro

Unha investigación galega estuda os beneficios dos minerais na loita contra o cancro

Os codirectores puxeron en marcha un micromecenado solidario para sacala adiante

G24.gal 02/01/2022 20:36

Marta López Alonso é profesora na Facultade de Veterinaria de Lugo. Na aula insiste na importancia que teñen os minerais na alimentación dos animais para a unha boa saúde.

A combinación deste coñecemento coa experiencia vital que tivo cando unha persoa da súa contorna enfermou de cancro levouna a poñer en marcha unha investigación sobre os beneficios dos minerais na loita contra esta doenza.

O seu compañeiro de proxecto é o director asistencial do hospital universitario Lucus Augusti (HULA), Rafael Monte. Para sacalo adiante, ofrecen un micromecenado solidario. A xente pode colaborar con achegas dende os cinco euros a través da páxina: www.precipita.es.

Nunha primeira fase, precisan coñecer os niveis de minerais da poboación sa. A partir de aí, empezarán a traballar con pacientes con cancro de mama.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade