Publicador de contidos

Publicador de contidos

Millón e medio de refuxiados xa fuxiron da guerra en Ucraína

Millón e medio de refuxiados xa fuxiron da guerra en Ucraína

O 55 por cento rexistrouse na veciña Polonia

Os Estados Unidos prometen axudar a Moldova, o país máis pobre de Europa

G24.gal 06/03/2022 14:25

A ofensiva intensifícase e, como se prevía, o número de refuxiados aumenta de xeito notorio cada día que pasa. A última cifra que dá a ONU xa fala de millón e medio de persoas que saíron de Ucraína por mor da invasión.

No paso fronteirizo de Przemysl, Polonia, anuncian por megafonía a saída dun transporte a Berlín, destino para algúns dos refuxiados que fuxiron de Ucraína, e reciben comida e un lugar para descansar neste campamento.
En Medyka, esta refuxiada conta que a viaxe foi longa e difícil e que a súa familia está divida. Outros, máis afortunados, conseguen reencontrarse cos seus.

En once días de guerra, millón e medio de ucraínos fuxiron do país, segundo o ultimo reconto de ACNUR. É, di o alto comisionado da ONU, a crise de refuxiados que aumenta máis rapidamente desde a Segunda Guerra Mundial.

O éxodo continúa e agravarase nos próximos días se finalmente se respectan os corredores humanitarios para evacuar as zonas asediadas polas tropas rusas.
Os ucraínos foxen en coche, autobús, tren ou a pé, soportando temperaturas xélidas.

O 55 % rexistráronse na veciña Polonia, o 12 por cento en Hungría e o 8 por cento en Moldova, considerado o país máis pobre de Europa, pero que se afanou en atender os refuxiados. O secretario de estado norteamericano, que está de viaxe pola zona, prometeu axuda económica para este país e tamén para Polonia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade