Milleiros de visitantes escollen Galicia para pasar a ponte do 2 de maio
Hoxe é día festivo en sete comunidades e iso nótase na ocupación das principais destinos turísticos de Galicia
Santiago, as Rías Baixas e a Ribeira Sacra, os destinos favoritos da escapada
Para eles hoxe é día de festa e aproveitan as últimas horas en Galicia para poñer a guinda a unha ponte de sol, paseos, praia, cultura e fartura.
Santiago é outros dos grandes imáns turísticos da ponte. As colas para entrar á Porta Santa e a chegada de milleiros de peregrinos dan idea de como a capital recupera o turismo a ritmo de ano santo.
Tamén se nota o pulo da chegada do AVE en Ourense, porta de entrada á Ribeira Sacra e refuxio termal para moitos.
A remollo nas termas, ou no mar, de turismo gastronómico, deportivo ou espiritual. A oferta é cada vez máis diversa e os motivos cada vez maiores, din, para visitar Galicia.