Multitudinaria manifestación en Madrid para defender a sanidade pública
Protestan contra o "desmantelamento" da atención primaria que, consideran, está a levar a cabo o Goberno de Ayuso
Milleiros de persoas convocadas por "veciñas e veciños dos barrios e pobos da Comunidade de Madrid", integrados en 74 colectivos sociais, maniféstanse este domingo para defender a sanidade pública.
Protestan contra o “desmantelamento” da atención primaria que, ao seu xuízo, está a levar a cabo o Goberno de Isabel Díaz Ayuso na rexión.
Co lema “Madrid levántase e esixe sanidade pública e solucións ao Plan de atención primaria”, a marcha comezou simultaneamente ao mediodía en catro columnas para confluír na praza de Cibeles.
Na lectura do manifesto, reclamáronlle á presidenta "máis investimento" para a sanidade pública.
Reclamacións
Segundo explicou José Luis Yuguero, coordinador da mobilización, a protesta obedece "á cerrazón" e ao "empeño" do Goberno da Comunidade de Madrid por "desmantelar" a atención primaria.
Ademais, dixo, pretende ser unha mostra de apoio á folga de médicos de familia e pediatras dos centros de saúde da rexión, impulsada polo sindicato Amyts desde o 21 de decembro. Estes paros reclaman máis tempo para ofrecer unha asistencia de calidade.
Á protesta adheríronse partidos políticos da esquerda, sindicatos e distintas organizacións cidadás, ademais doutras entidades sociais.