Publicador de contidos

Publicador de contidos

Milleiros de persoas gozan da Reconquista de Vigo

Milleiros de persoas gozan da Reconquista de Vigo

Vigo xa quenta motores para expulsar as tropas francesas na fin de semana grande desta festa de Interese Turístico.

O mercado tradicional xa está instalado no centro histórico con preto de 200 postos gastronómicos e de artesanía.

Este domingo continúan os actos dunha Reconquista que xa encara a súa recta final coa representación central na Porta de Gamboa.

G24.gal 01/04/2023 21:56 Última actualización 01/04/2023 22:06

Moito ambiente e algún que outro enfrontamento entre vigueses e franceses protagonizan a fin de semana grande da Reconquista de Vigo, onde dende onte á tarde xa se pode acudir ao seu mercado tradicional. 

E con esa intención achegáronse ata aquí milleiros de persoas para gozar da súa artesanía pero sobre todo da gastronomías desta penúltima xornada nunha Reconquista que culminará mañá cun dos actos centrais do día, a expulsión das tropas francesas.

Mentres tanto, os visitantes, divírtense coas representacións e os enfrontamentos que protagonizan os actores que dan vida ao pobo de Vigo e ás tropas de Napoleón nun intento de ambientar e recrear esa parte da historia de 1809 nunha das edicións máis longas desta festa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos