Milleiros de migrantes cruzan aramados con pugas para chegar a Texas
Milleiros de migrantes cruzan aramados con pugas para chegar a Texas
Moitos sofren graves feridas e rabuñadas, a pesar de que cobren os picos con roupa e mantas
As autoridades informaron da morte de dúas persoas ao tentar cruzar o río, unha delas, un neno de tres anos
Cruzan o Río Grande a pé, cargados coas súas pertenzas e cos seus cativos sobre os ombreiros, desafiando a forza da corrente antes de enfrontarse a un segundo obstáculo e aramado punzante.
Nos últimos días, milleiros de migrantes tentaron chegar a Texas por este punto, unha avalancha humana ante a que as patrullas fronteirizas non poden facer moito máis que mirar.
"Veño con dous curmáns, intentamos pasar para Tenessee", conta un destes homes.
As autoridades da cidade fronteiriza de El Paso alertan de que a cidade está chegando aos seus límites, con máis de 2.000 persoas pedindo asilo cada día.
Nos últimos 11 meses, máis dun millón oitocentas mil persoas alcanzaron territorio estadounidense desde México, unha peripecia en que algúns deles deixan a vida.
Nos últimos días, dúas persoas morreron tentando salvar esta fronteira, un deles, un cativo de 3 anos.