Cargando resultados...
Milleiros de escolares vigueses participan na Reconquistiña
Saíron á rúa coas súas mellores armas á rúa: cancións, bailes e o son dos tambores para recordar a expulsión dos franceses
G24.gal
30/03/2023 14:01
Máis de 1.500 escolares, ataviados para a ocasión, tomaron as rúas da zona histórica de Vigo para lembrar como os seus antepasados botaron os franceses da cidade.
A maior parte deles gústalles poñerse na súa pel, porén alguén ten que dar vida aos derrotados. Pequenos franceses que queren desafiar a historia.
Porén os nenos e nenas de Vigo teñen moi claro que sucedeu aquel 28 de marzo de 1809. E para conseguir unha nova vitoria saen coas súas mellores armas á rúa: cancións, bailes e o son dos tambores.
A Reconquistiña, o mellor preámbulo para unha festa en que os vigueses viaxarán no tempo ata o domingo.