Publicador de contidos

Publicador de contidos

Miles de profesionais nun curso de conducción para salvar situacións límite nos incendios

Miles de profesionais nun curso de conducción para salvar situacións límite nos incendios

Uns 2.500 profesionais poñen ao límite os seus vehículos 4x4

Aprenden destrezas que lles pode salvar a vida nos incendios

Manobras durante o curso de condución
G24.gal 08/12/2021 20:35

Os profesionais que loitan contra os incendios enfróntanse a moitas situacións de perigo. Co fin de mellorar a súa seguridade e manexarse con suficiente habilidade, están aprendendo a conducir en situacións límite.

Santiago Pichel é o xefe de brigada que nos conta que "no noso traballo atopámonos en momentos moi difíciles co condicionante de que temos o lume moitas veces preto e temos que saír si ou si".

Están aprendendo a saír de situacións comprometidas, porque moitas veces traballan ao límite, en circunstancias que xeran moito estrés e nun ámbito físico ás veces moi hostil.

"Cando chegan a unha zona de difícil paso pois que coñezan tamén as posibilidades que ten o coche nun ámbito de seguridade para despois eles saber onde está o límite. Que vexan situacións en que non deben meterse e si sen ven abocados a meterse pois resolvelas da mellor forma posible", sinala Santiago Pichel xefe de brigada.

En total 2.500 profesionais están convocados a estes cursos que lles van permitir salvar con éxito desniveis e fracturas no terreo, inclinacións verticais e facer paradas e arrincadas de emerxencia en pendentes pronunciadas.

"Isto intenta simular unha subida moi pendente que non puidemos completar, hai que abortar e iniciar a marcha cara a atrás e o uso do embrague é moi perigoso porque o coche pode coller velocidade" comentanun dos monitores, Jose Manuel Yañez.

"É un curso moi interesante, moi práctico para o noso traballo, coñecer os límites do noso vehículo e todo o que podemos facer con el", conclúe Santiago Pichel, o xefe da brigada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade