Cargando resultados...
Mil cartas para unha residencia de maiores de Pontevedra polo Nadal
Unha iniciativa para que os residentes se sintan algo máis acompañados durante as festas
G24.gal
06/12/2022 13:25
Juan José López é o director da residencia de maiores de Campolongo, en Pontevedra, desde hai ano e medio. Sorprendido pola falta de visitas para os residentes durante o pasado Nadal e querendo incitar á solidariedade, lanzou esta campaña para que o cento de persoas maiores que alí viven reciban 10 cartas cada un. Asegura que lerán e contestarán todas as cartas recibidas na súa caixa de correo.