Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta crea un comisionado para loitar contra a discriminación aos maiores

A Xunta crea un comisionado para loitar contra a discriminación aos maiores

Preto do 30 % dos galegos teñen máis de 65 anos e moitas veces enfróntanse a situacións de soidade ou mesmo de discriminación por idade

O Goberno galego quere frear esta tendencia con medidas específicas de protección e sensibilización
 

G24.gal 24/04/2025 14:40

No XII Congreso Nacional de Organizacións de Maiores, Alfonso Rueda adiantou que a Xunta avanza na Estratexia Galega contra o idadismo co obxectivo de previr discriminacións por razóns de idade e construír unha sociedade máis inclusiva. 

Rueda dixo que hai que "loitar contra o idadismo, unha das grandes enfermidades silenciosas da nosa sociedade, unha das maneiras despectivas de vernos os uns aos outros". O presidente da Xunta explicou que vai poñer en marcha a Estratexia contra o Idadismo, "creando un comisionado autonómico que coordine todas as accións que fagan falta".

Alfonso Rueda dixo que outro dos retos é acabar coa soidade á que moitas veces se enfrontan os maiores: "a soidade non desexada, outra situación silenciosa, inxusta, pero presente. Canta xente que ten moito que achegar se ve nunha situación inmerecida!". 

Rueda destacou o papel dos maiores na construción da Galicia actual. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade