Miguel Tellado: "O goberno de Sánchez deteriorou a Alta Velocidade en España coa súa mala xestión""
O secretario xeral do PP tamén destacou o papel que vai ter a mocidade nas eleccións deste domingo en Aragón
O secretario xeral do PP acusa o goberno de Sánchez de deteriorar a Alta Velocidade en España coa súa "mala xestión". Na inauguración dunhas xornadas de Novas Xeneracións do Partido Popular de Madrid, Miguel Tellado tamén destacou o papel que vai ter a mocidade nas eleccións de mañá en Aragón.
"Oito anos de Sanchismo bastaron para converter á Alta Velocidade española nunha auténtica ameza para as vidas das persoas. Deterioraron o AVE en España coa súa mala xestión ou coa súa corrupción", dixo Miguel Tellado.
"Acabamos de velo en Estremadura co PP arrasando ente a mocidade e cun PSOE hundíndose especialmente en canto ao voto xuvenil. Ímolo ver estou seguro mañá en Aragón", engadiu.