Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno ábrese a dividir o decreto ómnibus para aprobar a suba das pensións

O Goberno ábrese a dividir o decreto ómnibus para aprobar a suba das pensións

O decreto podería aprobarse no Consello de Ministros deste martes

PP e Junts votarían a favor dun decreto que só inclúa a revalorización das pensións

G24.gal 02/02/2026 14:43

As pensións volven marcar o debate desta semana porque o reloxo corre. O Consello de Ministros ten que volver aprobar o decreto, como moi tarde o martes da semana que vén, para que non se recorte a próxima paga dos dez millóns de xubilados.

Gabriel Rufián, voceiro de ERC no Congreso, informou os xornalistas de que "xusto onte á noite empezaron as conversas".

O PSOE negocia cos socios. Non descarta dividir o frustrado decreto ómnibus e presentar agora as medidas por separado.

O socio da coalición, Sumar, prefería que o paquete volvese enteiro ao Congreso, pero ábrese a novas fórmulas. Para Ernest Urtasun, ministro de Cultura e voceiro do partido, "teñen que ir todas as medidas, o importante non é o como, é o que, teñen que ir todas", incluída a prohibición de desafiuzar vulnerables, que causou, precisamente, que decaese o decreto.

Para Podemos, esa é unha medida imprescindible e se non chega a aprobarse no Congreso, van reclamarlle ao Goberno que pague integramente o alugueiro que teña que aboarse para evitar o desafiuzamento.

PP e Junts insisten en que votarán a favor da revalorización das pensións se se presenta por separado.

Para ERC, trátase dunha "escusa mala". "É como se non che gusta un prato dun menú e quedas sen comer, un absurdo", asegurou o seu voceiro, Gabriel Rufián.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade