Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aragón, un taboleiro electoral en clave nacional

Aragón, un taboleiro electoral en clave nacional

Jorge Azcón examina o seu adianto electoral e Pilar Alegría mide o descontento dos socialistas

As enquisas prognostican unha vitoria popular pero sen maioría absoluta

G24.gal 07/02/2026 15:30 Última actualización 06/02/2026 21:58

Aragón vive este sábado unha xornada de reflexión antes de celebrar as súas primeiras eleccións anticipadas. Son uns comicios con grandes implicacións a nivel nacional, pero que tamén deben atender as demandas do pobo aragonés.

Como xa sucedeu en Estremadura, e cumprindo o mesmo que o PP lle reclama a Pedro Sánchez ante a prórroga dos presupostos, Jorge Azcón convocou eleccións anticipadas  ao non poder aprobar os orzamentos. Tamén se le  en clave nacional a candidata do PSOE.

Pilar Alegría  será a primeira das exministras de Sánchez que deixan o Goberno para aspirar a unha presidencia autonómica. A exvoceira do executivo central medirá o desgaste socialista tralos casos de corrupción que asolaron as súas filas. 
A vitoria do PP é clara en todas as enquisas, pero tamén todas apuntan a que Azcón necesitará pactos para gobernar. A maioría absoluta, nunca acadada nunhas eleccións de Aragón, sitúase nos 34 escanos. Se se cumpren os prognósticos o PSOE encamiñaríase a un novo batacazo e o gran beneficiado sería Vox. 
A fragmentación das forzas á esquerda do PSOE, que non conseguiron concorrer nunha candidatura única, poderían deixar sen representación a Podemos. O resultado que saia das eleccións deberá dar resposta ás demandas do pobo aragonés. A vivenda, a despoboación e a sanidade son os grandes retos que abordan tanto a sociedade como os candidatos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar