Os líderes nacionais arroupan os candidatos no peche da campaña de Aragón
Feijóo acompaña a Jorge Azcón e Sánchez fai o propio con Pilar Alegría en Zaragoza
Aragón decidirá este domingo o seu futuro nas primeiras eleccións anticipadas da súa historia.
Os principais líderes políticos a nivel nacional trasladáronse a Zaragoza para arroupar os candidatos nas últimas horas de campaña.
Son unhas eleccións con moito en xogo en clave nacional.
Jorge Azcón adiantou os comicios ao non poder aprobar os presupostos. Predican os populares co exemplo, tras esixirlle eleccións a Pedro Sánchez despois das prórrogas dos orzamentos.
Pilar Alegría podería encamiñarse aos peores resultados dos socialistas, que segundo as enquisas pagarían o desgaste dos escándalos que asolaron as súas filas.
"É moi importante mobilizarnos, non quedar na casa, traballar por unha política sa que é o que reivindica Pilar Alegría", asegurou Pedro Sánchez.
Estivo Feijoo con Azcón, a quen as sondaxes lle dan a vitoria pero sen chegar á maioría absoluta.
"Fixemos unha campaña limpa, somos xente honesta, non metemos a man na caixa, e o socialista non pode dicir iso", manifestaba Feijoo na súa intervención.
Se se cumpren as enquisas, Vox sería o gran beneficiado.
A fragmentacion das forzas á esquerda do PSOE poderían deixar sen representación a Podemos.