Miguel Román xa traballa co grupo en Afouteza
O centrocampista de Gondomar sufriu en marzo a fractura na base do quinto metatarsiano do pé esquerdo
O Celta está a realizar os recoñecementos médicos nestes días e o venres 10 será o primeiro adestramento de pretempada. Hai un grupo inicial de xogadores que empezarán xa a adestrar, mentres que outros se incorporarán máis tarde, como os internacionais presentes no Mundial. Entre eses xogadores está Miguel Román, que esta mañá adestrou co grupo en Afouteza. O centrocampista de Gondomar sufriu en marzo a fractura na base do quinto metatarsiano do pé esquerdo.
Pola súa banda Carlos Dotor terá uns días máis de descanso tras terminar máis tarde a tempada co Málaga ao disputar playoff de ascenso. Está previsto que se incorpore á pretemporada a próxima semana, aínda que ben é certo que no comunicado do Celta non aparece o seu nome entre os xogadores citados. É un dos candidadtos a deixar o equipo.