Martín de la Puente xa está en cuartos de Wimbledon
O tenista vigués venceu a Spaargaren por 6-0 e 6-2
O seu rival en 1/4 será o británico Andrew Penney
Martín de La Puente segue o seu paso en Wimbledon. O vigués venceu en 55 minutos o neerlandés Ruben Spaargaren por 2 sets a 0 (6-0, 6-2). Con este resultado acada os cuartos de final. No 2024, chegou ao último partido, no que perdeu con Alfie Hewett para ser subcampión do torneo dos "amorodos con nata".
"Un partido moi sólido pola miña parte. Feliz por outra vitoria máis aquí"
Tamén estará presente no cuadro de dobres. Desputarao co seu rival de hoxe, Spaargaren. Xogarán contra a parella formada polo español Daniel Caverzaschi e o estadounidense Casey Ratzlaff. A dupla De la Puente-Spaargaren parte coma a segunda cabeza de serie, só por debaixo da parella británica Hewett-Reid.
Precisamente foron Hewett e Reid os que derrotaron o vigués na final do último Grand Slam disputado, Roland Garros. Naquela ocasión, o vigués formaba parella co francés Stephan Houdet.
No cadro individual, caeu en semifinais contra o xaponés Tokito Oda, número 1 do ranking mundial. Nesta ocasión atoparíanse nunha hipotética semifinal. Oda tería que eliminar o seu compatriota Miki, mentres que De la Puente deberá derrotar o británico Andrew Penney na rolda de cuartos.