Arxentina pasa sufrindo e Suiza fai historia
O equipo de Scaloni gañou remontou un 0-2 contra Exipto
O combinado helvético venceu a Colombia dende o punto de penalti
Suizos e arxentinos enfrentaranse en Kansas na madrugada do sábado ao domingo
O último día dos oitavos de final do mundial deixou imaxes para o recordo. O primeiro partido entre Arxentina e Exipto quedará para a historia dos mundiais. O 7 veces campión de África adiantouse no minuto 14 cun remate de cabeza de Yasser Ibrahim. A 'albiceleste' intentaba empatar o encontro na primeira metade, mais un formidable Shobeir impediuno. O porteiro do Al-Ahly detívolle un penalti a Messi e no minuto 39 realizou unha das grandes paradas do campionato fronte ao disparo de Julián Álvarez.
Xa no comezo da segunda metade, Arxentina seguía sen estar cómoda. No minuto 58, Exipto marcaba o segundo tanto, aínda que sería anulado polo VAR por un pisotón sobre Lisandro Martínez. Si valería o tanto de Ziko no 67. Ambas accións tiveron a Hassan, futbolista do Real Oviedo, coma protagonista. No gol anulado por unha conducción de 40 metros con caño incluido co que liberou a Salah para que dese a asistencia. E, no gol válido, un regate cara liña de fondo foille suficiente para ter espazo e poñer un pase da morte.
A dinámica do encontro cambiou coa pausa de hidratación, pero non lle bastaba a Arxentina. Tras un encontro discreto, Messi asumiu responsabilidade e cun centro dende a banda dereita deixou libre ao 'Cuti' Romero para poñer o 1-2. Os de Scaloni comezaron a verse capaces de remontar, e 5 minutos despois, no 83, Messi marcaría o tanto do empate cun furallolo dende dentro do área.
O partido entrou nun momento val durante 10 minutos. Na penúltima acción do partido, Exipto atreveuse a intentar marcar o tanto que evitase a prórroga. Recuperou Arxentina, Julián mandou un gran pase en longo para Lautaro, o do Inter pausou a contra e centrouna cando chegou Enzo. O remate do centrocampista do Chelsea acabou dentro e a épica cumpliuse. Arxentina avanzaba a cuartos de final nun deses partidos "irrepetibles" vencendo por 3-2.
Nesa rolda atoparanse con Suiza. O partido no que se enfrontaron helvéticos e colombianos foi un gran contraste respecto ao primeiro do día. Na primeira metade ambos equipos tiveron ocasións para marcar. No 20', Kobel evitou un golazo de Gustavo Puerta que buscaba a escadra. Suiza tívoa 10 minutos despois, nun golpeo cruzado de Rieder que parou Camilo Vargas.
Na segunda parte, a pesar de que houbo acercamentos, houbo un excesivo respecto entre ambos equipos. Con 0-0 o partido marchaba á prórroga, na que Colombia perdoou. Nunha das primeiras accións da mesma, os de Néstor Lorenzo pediron penalti nunha acción entre Muheim e Campaz. Lucumi mandou un balón ao longueiro que tería significado o gol para os 'cafeteros' e Campaz erraría no 114' a máis clara diante do porteiro.
O resultado mantívose ata o 120'. Nos penaltis, Davinson Sánchez fallou o segundo lanzamento de Colombia. Con 2-2, Akanji tirou a pelota á grada. E cando Colombia recuperou a ilusión por chegar aos cuartos, Kobel paroulle o lanzamento ao 'Cucho' Hernández. Non erraría ninguén máis e Rubén Vargas marcaría o 4-3 definitivo.
Como en Brasil 2014, arxentinos e suizos volveran enfrontarse nunha eliminatoria mundialista. Naquela ocasión foi en 1/8 de final e vencería Arxentina por 1-0 con gol de Di María. Agora, a 'albiceleste' busca seguir na pelexa por acadar a cuarta estrela e Suiza intentará facer historia e chegar ás súas primeiras semifinais de Mundial.