Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta arranca as probas médicas coa mira posta na pretempada

O Celta arranca as probas médicas coa mira posta na pretempada

Os de Claudio Giráldez comezarán a adestrar este venres na Cidade Deportiva Afouteza

Tanto Javi Galán coma Aleix Febas están citados cos seus novos compañeiros

G24.gal 07/07/2026 12:06 Última actualización 07/07/2026 12:52

O Celta dá o pistoletazo de saída a tempada 2026/27. O equipo vigués realizou as primeiras probas médicas de cara a este venres 7 de xullo, día no que iniciarán os adestramentos. Son 22 os xogadores citados para esta primeira data.

As grandes novidades son Javi Galán e Aleix Febas. As dúas fichaxes do conxunto olívico estarán presentes cos seus novos compañeiros. Galán vive a súa segunda etapa no Celta. O extremeño desputou dúas tempadas co equipo olívico baixo as ordes de Eduardo 'Chacho' Coudet e Carlos Carvalhal.  Tamén estarán presentes tres xogadores que volven de cesión: Unai Núñez, Carles Pérez e Manu Sánchez.

Entre os citados por Claudio Giráldez non está Marcos Alonso. O futbolista madrileño, xogador de campo con máis minutos na tempada pasada, está pendente de tomar unha decisión. Todo indica que renovará por unha tempada máis, aínda que non é oficial todavía. É unha peza chave no esquema do adestrador porriñés. Refiríndose a el e a Iago Aspas, Claudio Giráldez dixo o pasado 16 de maio o seguinte.

"Son optimista con eles, véxoos con enerxía, felices. Eu véxoos ben."

O Celta desputará seis partidos nesta pretempada. De momento hai tres rivais confirmados, Sporting de Braga (18 de xullo), Sporting de Xixón (25 de xullo) e Sassuolo (5 de agosto). Todos os encontros poderanse seguir a través das canles da Televisión de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade