Publicador de contidos

Publicador de contidos

Merino volve ser o heroe e clasifica a España co seu gol na prolongación (0-1)

Merino volve ser o heroe e clasifica a España co seu gol na prolongación (0-1)

Borja Iglesias debutou nos últimos minutos

Unai segue sen recir goles

G24.gal 06/07/2026 20:09 Última actualización 06/07/2026 23:27

España asinou unha noite máxica no impoñente Dallas Stadium tras someter a Portugal e certificar o seu billete para os cuartos de final do Mundial. O plan de Luis de la Fuente funcionou á perfección: o centro do campo comandado por Rodri anestesiou por completo o ímpeto luso, mentres que a frescura e o desborde polas bandas terminaron por resquebrazar o sólido muro que expoñía Roberto Martínez.

O encontro decantouse grazas á paciencia e ao ritmo de circulación de España. Aínda que Rafael Leão ameazou seriamente á contra, a zaga española mantivo a compostura. O gol da vitoria chegou tras unha brillante xogada colectiva que desatou a loucura na marea vermella desprazada a Texas. 

España empezou con forza cun disparo de Oyarzábal que detivo o porteiro portugués.

Pero a mellor ocasión chegou no minuto oito cun man a man de Oyarzábal que lanzou fóra por moi pouco. 

Minutos máis tarde Unai respondeu ben a un lanzamento de Cristiano.

España tivo unha dobre oportinidade que respondeu Pedro Costa tras dous bos disparos de Lamal e de Baena.

A primeira ocasión de Portugal aparecu no minuto 37 cun remate de Cristiano que parou Unai.

Máis clara foi o dispro ao trveseiro de Nuno Mendes tres minutos máis tarde.

Nunha primeira parte igualada, o encontro no descanso chegou cun empate sen goles.

-------

Comezou sen cambios a segunda parte, o primero lanzamento foi de Baena no 65 que detivo sen problema o porteiro do Porto.

Nun encontro con poucas ocasións, MIkel Merino marcou no 91´para darlle a clasificación a España.

Con este triunfo, a vixente campioa de Europa aparta do camiño a un dos seus maiores rivais históricos e confirma a súa candidatura ao trono mundial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade