Miguel Llorente: "Recibín ameazas de morte por Instagram"
"Que necesidade hai de lapidar a alguén"
Miguel Llorente compareceu publicamente por primeira vez desde que foi apartado do seu cargo como adestrador do Dépor Abanca. O técnico quixo dar a súa versión do sucedido tras a denuncia por supostos comportamentos que van contra o código ético.
"Ningúen merece isto. Recibín ameazas de morte por Instagram. Acúsanme de maltratador psicolóxico, de acosador laboral, de cousas moi feas e moi duras"
"Que necesidade hai de lapidar a alguén"
Hai uns días que o adestrador do Deportivo Abanca, Miguel Llorente, foi apartado das súas funcións ata que se investigase no club unhas acusacións que fixeran contra el. Este martes soubemos que volve adestrar o equipo feminino coruñés.
Parece ser, segundo confirma o club nun comunicado, que a comisión de cumprimento das normas do Deportivo investigou a denuncia e non achou probas de ningún comportamento "irregular ou sancionable". O técnico do Deportivo feminino xa dirixiu esta tarde o adestramento coas xogadoras.