Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mingua a colleita de castaña por mor da seca

Mingua a colleita de castaña por mor da seca

Galicia contan con máis de 49.000 hectáreas de castiñeiros que producen ao redor de 20 millóns de quilos

Nas zonas máis afectadas pola falta de auga, como o sur da comunidade, a redución da colleita pode superar o 30 por cento

Produtores recollendo castaña do cedo en Vilardevós
G24.gal 03/10/2022 13:59

Nos soutos ourensáns comezou a recollida da castaña do cedo, pero aínda haberá que agardar ata mediados de outubro para que se xeneralice os traballos. A falta de auga e as altas temperaturas ás que se viron sometidos os castiñeiros durante moitas xornadas seguidas prexudican a colleita.

En zonas como as de Vilardevós falan de que minguará entre un 30 e un 40 por cento con respecto a un ano normal. As últimas colleitas xa foron malas por da avespiña e dos fungos. Este ano os castiñeiros comezaban a recuperarse da afectación da avespiña pero a seca impediu que criaran todo o froito. A choiva destes días pasados poden favorecer a castaña máis tardía.

Galicia produce anualmente uns 20 millóns de quilos de castaña, que supoñen o 60 po cento da produción total de España. Ademais da seca, os incendios que afectaron a zona do Courel e a de Valdeorras tamén fan prever unha redución da colleita.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade