Publicador de contidos

Publicador de contidos

Merle Barth: "O meu obxectivo é xogar moitos partidos e achegar a miña experiencia"

Merle Barth: "O meu obxectivo é xogar moitos partidos e achegar a miña experiencia"

Chega procedente do Atlético de Madrid, recente clasificado para a UEFA Women's Champions League

Foto Deportivo
G24.gal 21/07/2025 13:10 Última actualización 21/07/2025 13:17

A central alemá Merle Barth (Waldbröl, 21 de abril de 1994) convértese en nova xogadora do Dépor Abanca para a temporada 2025-26.

Chega procedente do Atlético de Madrid, recente clasificado para a UEFA Women's Champions League, club ao que se incorporou en 2022 e co que disputou 11 partidos na última campaña, cinco deles como titular.

Un deses encontros foi, precisamente, o que enfrontou o Deportivo co conxunto branquivermello en Riazor o pasado 16 de febreiro, e que finalizou con empate sen goles. Merle participou naquel partido entrando no minuto 76 en substitución de Xènia Pérez.

"O meu obxectivo é xogar moitos partidos, teño que adaptarme, pero tamén achegar a miña experiencia", cometou en conferencia de prensa

Antes da súa etapa en España, a defensora branquiazul desenvolveu toda a súa carreira en Alemaña. Formouse e xogou durante dez temporadas no Bayer Leverkusen, e posteriormente militou no Turbine Potsdam, acumulando máis de 200 partidos na elite do fútbol alemán.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade