Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mercenarios do Grupo Wagner deixan Bakhmut e traspasan posicións ás tropas rusas

Mercenarios do Grupo Wagner deixan Bakhmut e traspasan posicións ás tropas rusas

O xefe da compañía Yevgueni Prigozhin declarou que os seus efectivos, tras cumprir a súa misión, retiraranse aos campos de adestramento en zonas da retagarda

EFE 25/05/2023 10:20

O xefe da compañía de mercenarios Grupo Wagner Yevgueni Prigozhin anunciou hoxe o comezo do repregamento das súas unidades da cidade de Bakhmut e o traspaso das súas posicións ás tropas do exército ruso.

"Retirámonos con moito coidado", dixo Prigozhin nun vídeo publicado na súa canle de Telegram. 

O pasado día 21, ao anunciar a captura total de Bakhmut tras case dez meses de combates, o líder dos wagneritas declarou que os seus efectivos, tras cumprir a súa misión, se retirarían a partir deste xoves aos campos de adestramento en zonas da retagarda.

"Traspasamos as posicións aos militares, municións e mesmo racións de comida", anunciou.

Engadiu, en ton irónico, que deixa dous wagneritas por se os militares necesitan axuda para defender as súas posicións.

"Antes do 1 de xuño reunirémonos todos, imos descansar, a prepararnos, e logo recibiremos outra misión", dixo Prigozhin aos tripulantes dun carro de combate.

O xefe do grupo Wagner Yevgueni Prigozhin diríndose aos tripulantes dun carro de combate

En vésperas do comezo do repregamento dos wagneritas, Prigozhin, recoñeceu que uns 10.000 presidiarios rusos recrutados polo seu grupo morreron na batalla polo control de Bakhmut.

Nunha entrevista cun politólogo oficialista Konstantín Dolgov, admitiu alistar uns 50.000 homes en prisións rusas.

Prigozhin dixo perder en total uns 15.000-16.000 homes nesa cidade do leste de Ucraína.

O líder dos mercenarios estimou en 50.000-70.000 os mortos no bando ucraíno, mentes que os Estados Unidos cifraron en case 100.000 as perdas rusas na batalla de Bakhmut.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade