Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un ataque con mísiles balísticos deixa sen luz 600.000 persoas en Ucraína

Un ataque con mísiles balísticos deixa sen luz 600.000 persoas en Ucraína

Rusia lanzou durante a noite 39 mísiles balísticos e 120 drons contra o sistema enerxético e infraestruturas críticas nas rexións de Kíiv e Khárkiv

Polo menos catro persoas morreron e unha vintena foron feridas nos ataques de Moscova contra a capital ucraína

 

Rusia volveu lanzar unha nova onda de ataques sobre Kíiv (REUTERS/Valentyn Ogirenko) Rusia volveu lanzar unha nova onda de ataques sobre Kíiv (REUTERS/Valentyn Ogirenko)
G24.gal 14/10/2026 08:30

Rusia lanzou durante a noite deste martes e a madrugada deste mércores 39 mísiles balísticos e 120 drons de ataque, algúns deles con munición de acio, dirixidos sobre todo contra o sistema enerxético e contra outras infraestruturas críticas nas rexións de Kíiv e Khárkiv, segundo dixo na súa conta de X o presidente ucraíno Volodimir Zelenski.

Unhas 600.000 persoas quedaron sen electricidade como consecuencia deste ataque que, tamén segundo Zelenski, provocou danos en 26 instalacións do sistema eléctrico ucraíno e noutras catro infraestruturas do sector gasístico e petroleiro do país.

Segundo a Forza Aérea Ucraína, as súas defensas só puideron derrubar 4 dos mísiles e 115 drons.

Catro mortos e unha vintena de feridos tras unha noite de ataques

Polo menos catro persoas morreron e máis de vinte foron feridas na madrugada do mércores na capital ucraína en novos ataques rusos dirixidos contra infraestruturas enerxéticas e algúns edificios residenciais, segundo informou na súa canle de Telegram o alcalde de Kíiv Vitali Klitschko.

Medios ucraínos informaron de explosións tamén en cidades como Khárkiv (nordés) e Dnipró (centro-leste).

"Pedimos aos EUA e ao mundo enteiro que non pechen os ollos a esta realidade e que respondan, que respondan con forza", dixo Zelenski.

Tanto o presidente ucraíno como o activista Sergei Sternenk denunciaron este mércores que o servizo que os satélites estadounidenses Starlink prestan ao exército ucraíno foi restrinxido durante a madrugada.

Ucraína foi privada desta información capital para a súa defensa despois de que os EUA advertisen repetidamente a Zelenski de que poderían cortarlle a subministración de intelixencia que recibe se Ucraína non deixa de atacar refinerías rusas como lle esixe Washington apelando á estabilidade do mercado internacional de combustible.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar