Publicador de contidos

Publicador de contidos

O papa pasa unha noite tranquila tras ser operado dun tumor no pulmón

O papa pasa unha noite tranquila tras ser operado dun tumor no pulmón

Extirpóuselle con éxito o lóbulo inferior do pulmón dereito mediante unha técnica videoasistida tras lle diagnosticaren un adenocarcinoma pulmonar

O Vaticano ofrecerá máis detalles sobre o estado de saúde do pontífice, de 71 anos, durante a xornada deste mércores

directo REUTERS/Guglielmo Mangiapane
G24.gal 14/10/2026 08:53

O papa León XIV pasou unha noite tranquila no hospital Gemelli de Roma onde se atopa ingresado despois de que ser operado este martes dun adenocarcinoma, un tipo de cancro pulmonar, nunha intervención na que se lle extirpou o lóbulo inferior do pulmón dereito, informou a oficina de prensa do Vaticano.

O Vaticano informou de que se darán máis detalles do estado de saúde do pontífice, de 71 anos, durante a xornada.

No parte médico difundido onte á noite tras a operación explicouse que un exame histolóxico extemporáneo confirmou o diagnóstico de adenocarcinoma pulmonar, tal como se sospeitaba nas probas preoperatorias.

E especificouse que, para que a intervención fose radical, extirpóuselle o lóbulo inferior do pulmón dereito mediante unha técnica videoasistida, indica a nota da Santa Sé, que engade que o procedemento foi exitoso, sen complicacións.

Tras a operación, o pontífice espertou con normalidade e, despois dun breve período de observación, regresou ao seu cuarto no décimo piso do Policlínico Gemelli. Mesmo pediu a cea, segundo fontes vaticanas.

As mesmas fontes explicaron que León XIV permanecerá ingresado no Gemelli, para seguir coa recuperación e someterse a exames posoperatorios e aínda o equipo médico non detallou se o papa necesitará tratamento específico ante a natureza do tumor extirpado.

O propio pontífice anunciou o pasado domingo que en controis médicos lle detectaran un nódulo no pulmón en fase moi temperá e ben localizado, polo que debía someterse a unha intervención que tivo lugar este martes no Policlínico Gemelli de Roma.

Esta operación do papa estadounidense-peruano e o diagnóstico do tumor maligno prodúcese a menos dun mes da viaxe que ten previsto realizar ao Uruguai, Arxentina e Perú do 6 ao 17 de novembro e que, en principio, seguiría en pé a teor das súas propias palabras do pasado domingo pero sobre a que agora existe moita incerteza, 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade