Cargando resultados...
Medran en novembro as pernoitas extrahoteleiras en Galicia
Onde máis creceron foi nos aloxamentos de turismo rural
G24.gal
03/01/2022 22:03
As pernoitas en establecementos extrahoteleiros medraron en Galicia en novembro. Onde máis creceron foi nos aloxamentos de turismo rural, onde se multiplicaron por seis.
Son datos que hoxe publicou o INE e que compara este pasado mes de novembro co de 2020. Tamén medraron o resto de pernoitas en establecementos extrahoteleiros.
Nos campings multiplicáronse por cinco e no caso dos apartamentos turísticos houbo crecemento, pero é menor, non chega ao dobre. No conxunto de España, as pernoitas extrahoteleiras foron case catro veces máis que en novembro de 2020, pero un 13 % menos que as 2019, cando aínda non había pandemia.