Publicador de contidos

Publicador de contidos

Medra a demanda de rochos de alugueiro ante a falta de espazo nas vivendas

Medra a demanda de rochos de alugueiro ante a falta de espazo nas vivendas

A alta demanda contrasta coa escaseza da oferta

Un local do centro da Coruña dispón de trinta rochos para alugar
G24.gal 26/08/2025 19:38 Última actualización 26/08/2025 21:14

Un local do centro da Coruña dispón de trinta rochos para alugar. Os prezos van, segundo tamaños, dos 45 aos 75 euros ao mes. A ocupación é total.

"Os estudantes que marchan ás súas casas para non levar todo de volta prefiren deixalo aquí nun rocho ata o mes de setmebro e agora mesmo estamos completos", explica David Escudero, encargado de Gárdao.

A alta demanda contrasta coa escaseza da oferta. De aí a proliferación nos últimos anos de locais destinados a este fin.

"Hai determinadas empresas inversoras que si que están divindo locais comerciais para poder facer rochos e comercializalos poraque ademais é un negocio que ten saída", apunta Emma Martínez, presidenta da Asociación Galega de Inmobiliarias Agalin.

No caso de David era o almacén dun antigo negocio familiar que decidiron transformar en rochos. E que almacenan as persoas que fan uso destes espazos?

"Cousas de temporadas, a árbore de Nadal, a roupa de verán no inverno e a de inverno no verán, material deportivo. É un pouco como unha parte máis da casa", aclara o encargado de Gárdao.

"Poder meter bicicletas no caso de nenos, as cadeiras. Hai moita xente que tamén mete no trasteiro cando teñen luz un arcón ou conxelador cando xa non chega para unha familia o que temos na casa", engade Emma Martínez.

A principal razón é poder dispoñer de máis espazo na vivenda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade