Cargando resultados...
Medio Ambiente e o Concello da Coruña únense para avanzar na reciclaxe
En Galicia recíclanse algo máis do 50 por cento destes materiais
A Consellería quere elevar esa porcentaxe ata o 65 por cento
G24.gal
30/05/2025 13:46
O Concello da Coruña e a Consellería de Medio Ambiente asinaron esta mañá un convenio para a implantación dun novo colector que permita a recollida mais rigorosa dos envases lixeiros.
En Galicia recíclanse algo máis do 50 por cento destes materiais. A Consellería quere elevar esa porcentaxe ata o 65 por cento, algo que, segundo sinalou Ángeles Vázquez, é factible tras este acordo co Concello da Coruña. Pola súa banda, a alcaldesa da cidade, Inés Rey, sinalou que este novo convenio aumentará a separación en orixe na recollida de pequenos envases de plástico e tetrabricks.