Comunidades de propietarios de Vigo toman medidas para evitar asolagamentos nos garaxes
Aumentan as vendas das bombas de achique
Os veciños colocan barreiras para impedir o paso da auga
Neste inverno de choiva, no que se suceden as borrascas, os seus efectos chegan tamén aos garaxes, que acaban inundados. As comunidades de propietarios agudizan o enxeño e buscan ferramentas para evitar que a auga entre e arruíne os seus vehículos.
A rúa Areal é unha das zonas de Vigo cualificada como inundable. Hai uns anos a auga entrou nun dos garaxes e danou os vehículos dos veciños. Decidiron adoptar medidas e instalar unha barreira para evitar novas inundacións.
Poñen barreiras para evitar que a auga entre nas súas propiedades. Con este tempo hai comunidades que non poden usar os seus garaxes dende hai días e teñen que estacionar os coches fóra.
Porque os danos son nos vehículos e tamén nos propios garaxes.
As bombas de achique son a ferramenta máis buscada nestes días polas comunidades de propietarios. Poden atopalas por prezos de entre 60 e 400 euros.
Unha solución que axudou a evitar inundacións en moitos garaxes pola cantidade de auga que pode achicar.
Barreiras e remedios que enxeñan os veciños para evitar que a auga, nestas zonas inundables, estrague as súas propiedades.