Publicador de contidos
Publicador de contidos

Medalla de Ouro e Prata para os voluntarios de Protección Civil polo seu labor na pandemia

Medalla de Ouro e Prata para os voluntarios de Protección Civil polo seu labor na pandemia

Lamentan que cada vez hai menos voluntarios

G24.gal 01/11/2021 21:17

Todas as asociacións de voluntarios de Protección Civil de Galicia mereceron este ano a Medalla de Ouro ao Mérito da Vicepresidencia da Xunta polo seu labor desinteresado durante a pandemia. A de prata outorgáronlla a un dos seus membros, Juan Míguez Otero, responsable de la agrupación do Carballiño, que leva nada menos que 39 anos de traballo altruísta.

Máis de 4.500 persoas traballan no seu tempo libre, desinteresadamente, en toda Galicia como voluntarios nalgunha das agrupacións de Protección Civil existentes nas 4 provincias, como esta do Carballiño.

Son máis de 200, e este ano comparten a ledicia e o orgullo de ter merecido a Medalla de Ouro de Protección Civil que lles outorgou o goberno galego polo seu labor durante a pandemia e, sobre todo, no confinamento, un labor clave para subministrar comida e medicinas ou trasladar persoas, por chegar a onde outros servizos de emerxencia, rebordados, non chegaban.

Os do Carballiño están de dobres parabéns, porque a Medalla de Prata tamén quedou aquí, na persoa responsable, que o ano que vén fará 40 anos traballando de xeito altruísta nesta agrupación.

Moitos anos e moitas lembranzas, boas e non tanto. Entre as peores, os accidentes de tráfico. Entre as mellores, a satisfacción persoal de ser voluntario. 

"O recoñecemento non é so por min, é polos centos e centos de voluntarios que pasaron por aquí. Agora hai poucos voluntarios. Porén, a satisfacción de axudar a túa comunidade, creo que é o que fideliza o voluntariado", asegura Juan.

En 1982, cando el comezou, non tiñan nin uniformes nin formación. Agora, contento polo recoñecemento e orgulloso do traballo en común, reflexiona sobre a paradoxa de que hoxe en día, que hai medios abondo, haxa cada vez menos voluntarios. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade