Publicador de contidos

Publicador de contidos

Maxistrados do Supremo avanzan a súa intención de levar ao Consitucional unha hipotética lei de amnistía

Maxistrados do Supremo avanzan a súa intención de levar ao Consitucional unha hipotética lei de amnistía

Sumar asegura que está traballando no texto para aprobalo pola vía de urxencia no Congreso antes da investidura

G24.gal 08/09/2023 19:24

Tanto Junts como Esquerra aférranse á lei de amnistía como condición indispensable para a apoiar unha investidura de Pedro Sánchez. Os republicanos admiten que hai negociacióna abertas.

"Estanse levando a cabo negociacións nun ámbito discreto, que é o que toca. Non teño ningunha percepción de que non se poidan levar a cabo", di Laura Vilagrà, Conselleira de Presidencia da Generalitat.

O PSOE mantén o discurso: todo o que se negocie, afirman, será dentro da Constitución. Pero din que agora é a quenda de Núñez Feijóo.

Pilar Alegría, Voceira do PSOE, di: "O señor Feijóo sabe perfectamente que esta fuxida cara adiante está atrasando o único goberno viable con Pedro Sánchez á fronte. Agora escoitamos que pretende volver reunirse co PSOE. Non imos reunirnos cun PP que está en mans da ultradereita".

O PP acusa os socialistas de intentar gobernar só para unha minoría.

"Néganse a reunirse coa metade dos españois, con todos os que votaron ao PP. Non só é que non queiran verse con Núñez Feijóo, é que non queren nin escoitar os do seu propio partido que lles din que a amnistía é unha moeda que non se pode entregar", di Cuca Gamarra, voceira do PP.

Ás voces críticas sumáronse nas últimas horas o histórico socialista Joaquín Almunia, ou o expresidente de Aragón.

"Creo que non cabe na Constitución, así o din os xuristas e así o dixemos sempre os socialistas", di o actual senador do PSOE.

Sumar discrepa e xa traballa no texto da lei de amnistía para que se aprobe pola vía expres no Congreso. Algúns maxistrados do Tribunal Supremo avanzan que están dispostos a acudir ao Consitucional e ao Tribunal Europeo de Xustiza para frear a súa tramitación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade