Publicador de contidos

Publicador de contidos

Masiva concentración en Poio a prol da sanidade

Masiva concentración en Poio a prol da sanidade

Denuncian listas de espera de tres semanas e a maior ratio de pacientes por médico de Galicia

G24.gal 04/12/2022 14:03 Última actualización 04/12/2022 14:11

Mobilización este domingo na localidade pontevedresa de Poio para denunciar a alarmente precariedade do servizo sanitario do concello segundo a Mesa Pola Defensa da Sanidade Pública de Poio.

A situación do concello é límite con listas de espera de ata tres semanas. Tamén apuntan que a ratio de pacientes por cada médico é das máis elevadas de Galicia.

A mobilización de preto de medio milleiro de persoas tiña lugar ás portas do centro de saúde de Anafáns e e nela participaron todas as forzas políticas do municipio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos