Publicador de contidos

Publicador de contidos

Máscaras LED, placebo ou realidade?

Máscaras LED, placebo ou realidade?

Os dermatólogos falan de escasos beneficios sobre a pel que non xustifican o seu prezo

Arrasan nas redes socias prometendo beneficios inmediatos para rexuvenecer a pel

Terapia da luz vermella, a moda no coidado da pel que arrasa nas redes sociais
G24.gal 23/12/2025 14:24

Están de moda e prometen efectos rexuvenecedores para a pel. As máscaras LED de luz vermella non son baratas e aínda así triunfan nas redes sociais. Pero o seu efecto é placebo ou realmente funciona?

"Os resultados que podemos ter son mínimos de feito se esa máscara funcionase nunha metade si e noutra metade non veriamos que ao cabo duns meses o resultado é exactamente igual", explica o dermatólogo Emilio del Río.

O principio de funcionamento é o mesmo que o usado na chamada na terapia de fotobiomodulación moi utilizada dende décadas a nivel dermatolóxico

 "Baséase na aplicación de luz, de pequenos focos de luz LED de non demasiada enerxía sobre a pel", continúa.

Tamén se utiliza con bos resultados nos centros de estética.

"Un efecto iluminador, fai un efecto de rexuvenecemento da pel, achega coláxeno, elastina e para a pel, sobre todo para esta xente que ten problemas de marcas ou acné, combinada a luz vermella, mesmo coa luz azul, xera un efecto antiinflamatorio", apunta Belén André, responsable do centro estético Bolboreta.

Pero non son o mesmo os aparellos de uso profesional que estas máscaras de andar pola casa.

"Non teñen a mesma potencia nin a tecnoloxía adecuada para tratar a pel", conta Belén.

"É máis unha cuestión de liturxia, cosmética, coidados de sentirse ben que realmente de efectos dermatolóxicos patentes. Se un quere resultados fidedignos, concretos e incontestables o que ten recorrer é a fontes de luz profesionais. Iso é un gasto que non vai ter moito percorrido", engade del Río.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade