Publicador de contidos

Publicador de contidos

Marlaska di que Interior nunca tivo acceso ao sistema Pegasus de espionaxe

Marlaska di que Interior nunca tivo acceso ao sistema Pegasus de espionaxe

O ministro do Interior defendeu que "o Goberno de España cumpre a lei estritamente"

Grande-Marlaska inaugurou en Ribeira a nova sede da comisaría da Policía Nacional

O Ministro do Interior na nova comisaría de Ribeira
G24.gal 22/04/2022 13:26

O ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, afirmou este venres que "o Ministerio do Interior, a Policía Nacional e a Garda Civil" non tiveron acceso "en ningún momento" ao sistema de ciberespionaxe Pegasus co que supostamente fixeron escoitas a ducias de líderes independentistas cataláns e vascos.

En declaracións aos medios este venres á mañá en Ribeira, onde inaugurou a nova comisaría de Policía Nacional, Marlaska defendeu que "o Goberno de España cumpre a lei estritamente" e que "nin conveu nin negociou coa empresa titular dese sistema", reservado a Estados e forzas de seguridade, para o seu posible uso.

Así pois, o titular de Interior mostrouse disposto a "dar contas" en sede parlamentaria sobre este asunto se se lle é requirido, como demandan varios dos socios do Goberno no Congreso dos Deputados, incluído o grupo de Unidas Podemos, organización que forma parte do Executivo estatal.

Con todo, o ministro non quixo pronunciarse acerca de se é adecuado abrir unha comisión de investigación acerca desta espionaxe e respondeu que "terán que decidilo" aquelas persoas con competencias na materia, non o seu departamento.

Solicitude de comparecencia de Sánchez

Aos independentistas non os convencen as explicacións do executivo. Os partidos soberanistas, Más País e Compromís, solicitaron formalmente a comparecencia de Pedro Sánchez e dos ministros de Defensa e de Interior no Congreso para que dean explicacións sobre a presunta espionaxe a máis de 60 políticos cataláns.

Os socios de investidura din que as relacións co Goberno viven un momento crítico que pode poñer en risco a continuidade da lexislatura.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade