Cargando resultados...
Marko Lukovic continuará no proxecto do Breogán
O ala pivote tivo unha gran estrea na ACB promediando máis de 10 puntos e 3 rebotes
G24.gal
02/06/2022 12:32
O Breogán anunciou a terceira renovación do seu cadro e xa ten confirmados catro xogadores para a vindeira temporada. O ala pivote serbio Marko Lukovic aceptou a oferta de renovación do equipo lucense e continuará ás ordes de Veljko Mrsic.
A primeira temporada Lukovic acreditou uns números importantes dentro da rotación breoganista. Foron máis de 10 puntos e 3 rebotes en 22 minutos por partido. A importancia de Lukovic incrementou coas lesións de Bell Haynes e Musa, intre no que o xogador deu un paso adiante e se converteu nun dos referentes do equipo.