Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rusia dá outro ultimato ás forzas ucraínas en Mariupol para que se rendan

Rusia dá outro ultimato ás forzas ucraínas en Mariupol para que se rendan

O presidente Zelenski di que non importa cantos soldados cheguen, que se defenderán e non renunciarán a nada ucraíno

O ministro de Exteriores ruso confirma que comezou a ofensiva para tomar o Donbás

G24.gal 19/04/2022 08:14 Última actualización 13:30

Rusia deulle este martes outro ultimato ás forzas ucraínas que aínda resisten na asediada cidade de Mariupol, especialmente na acería de Azovstal, para que depoñan as armas antes deste mediodía a cambio de salvar así a vida.

"Tendo en conta a situación catastrófica que se desenvolveu na planta metalúrxica de Azovstal, ademais de guiarse por principios puramente humanos, as Forzas Armadas rusas ofrecen unha vez máis aos militantes de batallóns nacionalistas e mercenarios estranxeiros deter as hostilidades e depor as armas a partir das 12:00", sinalou o Ministerio de Defensa ruso.

"A todos os que depoñan as armas garánteselles a conservación da vida", aseguran nun comunicado. O exército ruso di que controla case toda a cidade, pero o polémico batallón Azov está parapetado nesa factoría de aceiro Azovstar, onde, supostamente, tamén se refuxian arredor dun milleiro de civís.

O portavoz das milicias de Donetsk, Eduard Basurin, sinalaba momentos antes de que comezou o asalto á acería.

O alcalde da cidade asegura que Mariupol aínda non caeu en mans rusas e que a resistencia continúa. "As tropas de ocupación non só lanzan bombas sobre a planta de Azovstal, senón que bombardean caoticamente os barrios residenciais da cidade", asegurou.

E aínda que a cidade está practicamente destruída, as autoridades municipais din que preto de 100.000 civís aínda permanecen en Mariupol onde uns 1.000 soldados fan fronte á ofensiva rusa.

Asalto ao Donbás

Rusia lanzou hoxe unha nova ofensiva nas rexións prorrusas de Donetsk e Lugansk para controlalas completamente ou, en palabras do seu ministro de Exteriores, Serguéi Lavrov, conseguir a súa "liberación".

As tropas rusas completaron o seu reagrupamento e lograron o control da cidade de Kreminna. Varias localidades foron xa bombardeadas.

"Agora será un momento importante nesta operación especial", engadiu Lavrov, o primeiro alto cargo de Rusia que confirma publicamente que a gran batalla de Rusia polo Donbás comezou.

O presidente ucraíno, Volodímir Zelenski, di que non importa cantos soldados cheguen, que se defenderán e non renunciarán a nada ucraíno. 

O presidente ucraíno, Volodímir Zelenski, anuncia que Rusia comezou O presidente ucraíno, Volodímir Zelenski, anuncia que Rusia comezou "a batalla de Dombás"

Os mísiles caeron nas últimas horas sobre varias cidades espalladas pola xeografía ucraína. Os ataques aéreos chegaron á fronteira con Polonia, a Leópolis. Non hai un só lugar seguro no país, claman as autoridades locais.

Nos Estados Unidos falan dunha campaña de terror contra a poboación. Preto de Kíiv, continúa a identificación de cadáveres e os enterros en Bucha. O presidente francés, Emmanuel Macron, recoñece que o diálogo con Vladimir Putin se estancou tras a descuberta destes asasinatos masivos. Rusia mantense firme na súa postura e condecora a brigada militar que estivo destacada nesta localidade. Putin ata fachendea de que as sancións ao seu país se volveron contra quen llas puxo, que a quen feriron foi as economías occidentais. 

Na localidade de Bucha continúan enterrando vítimas Na localidade de Bucha continúan enterrando vítimas

Neste contexto, as negociacións de paz vense lonxe; na ONU agardan que cesamentos do fogo con fins humanitarios sexan posibles nun par de semanas. Nos próximos días o xefe de axuda de Nacións Unidas prevé viaxar a Turquía para valorar a promoción de novas conversas. Pero, polo de agora, o que vai adiante é o que chaman a segunda fase da guerra en Ucraína. 

Rusia denuncia un ataque en Bélgorod

Rusia denunciou este martes un ataque nunha vila da rexión de Bélgorod, na fronteira con Ucraína, que causou tres feridos.

Segundo o gobernador da rexión, Viacheslav Gladkov, o ataque efectuouse desde o territorio ucraíno.

"Unha aldea foi atacada", dixo. Posteriormente, comunicou que o número dos feridos ascendera a tres e que hai "máis de 30 casas danadas".

O pasado 1 de abril Rusia xa acusou a Kíiv dun ataque con helicópteros contra un depósito de combustible en Bélgorod, información que non foi confirmada pola parte ucraína. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade