Publicador de contidos

Publicador de contidos

O rei anima as novas xeracións a defender o proxecto europeo no 40 aniversario da adhesión á UE

O rei anima as novas xeracións a defender o proxecto europeo no 40 aniversario da adhesión á UE

O monarca reivindica "o período de maior prosperidade da historia de España"

Sánchez e Antonio Costa lembra os fitos acadados nestas catro décadas

G24.gal 12/06/2025 21:15

O 12 de xuño de 1985 España e Portugal asinaban a súa adhesión á Unión Europea. No mesmo escenario, na sala de columnas do Palacio Real, celebrouse o acto central que conmemora o 40 aniversario de aquel fito histórico. O rei Filipe lembrou os que o fixeron posible.

"Pechou un ciclo histórico que nos afastou durante demasiado tempo dunha Europa á que pertencemos por xeografía, historia e vontade".

 E pediu a implicación das novas xeracións para defender o que definiu como o período de maior prosperidade da nosa historia.

"Queda moito por facer e non podemos permitir que por desafección, perda de confianza ou erosión externa desandemos un camiño que nos deu tanto e foi o asombro do mundo".

O presidente do Goberno e o do Consello Europeo lembraron os fitos acadados nestes 40 anos, o que a Europa común nos proporcionou e co que nós contribuímos.

"España deixou de ser un dos vagóns de cola do progreso europeo para converterse nunha das súas principais locomotoras", dixo Sánchez.

"España e a Unión Europea son un caso de éxito compartido. Unha relación que superou momentos difíciles porque ambos contaron un co outro cando a esperanza se esvaecía", asegurou Costa.

A contribución galega a este acto conmemorativo púxoo a voz do cantante Xoel López.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade