Publicador de contidos

Publicador de contidos

O lume no norte de Portugal está preto de Galicia e arrasa xa 3.300 hectáreas

O lume no norte de Portugal está preto de Galicia e arrasa xa 3.300 hectáreas

O incendio avanza descontrolado, ameaza algunhas vivendas e empeora polos fortes refachos de vento que hai nesa zona de Lindoso, en Ponte da Barca

O lume afecta ao parque transfronteirizo con Galicia, ao Parque Nacional da Peneda-Gerês, e provocou feridas a un bombeiro que participaba nas tarefas de extinción e danos materiais

Hai medios españois e galegos axudando na extinción

Poboación confinada, estradas cortadas e despregue da UME polo incendio de Ávila
 

G24.gal 28/07/2025 21:34

Máis de 3.300 hectáreas arderon xa no incendio de Lindoso, en Portugal e preto da fronteira con Galicia.

A situación é preocupante, porque o incendio avanza descontrolado, ameaza algunhas vivendas e empeora polos fortes refachos de vento que hai nesa zona de Lindoso, en Ponte da Barca. Hai medios españois e galegos axudando na extinción do incendio. 

O incendio avanza polo Parque Nacional de Peneda-Gerês, declarado Reserva da Biosfera pola Unesco.

"Literalmente está a arder o corazón do parque nacional de Gêres", dixo o concelleiro do Concello de Ponte de Barca José Alfredo Oliveira.

"As áreas máis preservadas e protexidas do parque están, desafortunadamente, en chamas o cal é lamentable". agregou.

O lume, iniciado o sábado, destruíu unha casa, feriu a un bombeiro e cercado a equipos de extinción. 

Un total de 378 os bombeiros traballan para apagar as chamas, apoiados por cinco medios aéreos e 120 vehículos terrestres.

O Parque Nacional de Peneda-Gerês forma parte da Reserva da Biosfera Transferiza Gerês-Xurés, entre Portugal e España, cun núcleo de máis de 40.000 hectáreas, unha área tampón de máis de 83.000 hectáreas e outra de transición de máis de 135.000 hectáreas. Entre a súa fauna está o lobo ibérico, o corzo ou o aguia real.

Portugal enfronta seis grandes incendios que arden en varios puntos do país, avivados polo tempo quente e seco que dificulta o seu control, especialmente nas rexións Norte, Centro e Algarve.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade