Cargando resultados...
Arde o teito dunha nave no incendio declarado nunha granxa de Pol con 400 vacas
Descoñécense as casusas do incendio pero a orixe parece estar nunha paca de palla
G24.gal
15/11/2025 19:43
Última actualización 15/11/2025 21:38
Unha explotación de Pol de 400 vacas quedou afectada por un incendio logo de que esta madrugada se orixinara un lume nunha nave na que se almacenaban as pacas de palla.
A intervención dos bombeiros e a rapidez do persoal da granxa evitaron que o lume fose a máis. O gando tampouco sufriu danos e o que máis afectado quedou polas lapas foi a uralita que cobre a estrutura.
Segundo Carlos Paredes, traballador da Gandería Chaín, "os bombeiros amenceron traballando aquí".