Publicador de contidos

Publicador de contidos

Marisol Carratú desata a tolemia na Sangriña cunha parada histórica

Marisol Carratú desata a tolemia na Sangriña cunha parada histórica

O Mecalia Guardés fixo valer a vantaxe de catro goles que traía de Madeira

Co 21-24, o Madeira dispuxo do ataque definitivo, que desbaratou a porteira

O Guardés disputará a segunda semifinal europea da súa historia contra o Elx

G24.gal 19/02/2023 21:01

O Mecalia Atlético Guardés xa está nas semifinais da Copa Europea grazas á acción da porteira arxentina Marisol Carratú cando só quedaban cinco segundos de partido.

Na ida gañaran as galegas por catro e na volta, na Sangriña, as portuguesas déronlle a volta á eliminatoria durante a segunda metade. Nos últimos minutos chegou a reacción das guardesas, pero ían perdendo por tres no último minuto. Se marcaba a xogadora do Madeira irían aos penaltis, pero como parou Carratú pasan á seguinte rolda, a semifinais, onde se medirán ao Elx de Alacante.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade