Publicador de contidos

Publicador de contidos

O triunfo do Celta en Donosti pode valer unha clasificación europea (0-1)

O triunfo do Celta en Donosti pode valer unha clasificación europea (0-1)

O cadro vigués gaña cun gol de Alfon, descarta a un rival directo e podería garantir a súa presenza en competición europea no vindeiro partido

G24.gal 13/05/2025 18:18 Última actualización 13/05/2025 21:58

Minuto a minuto

Ás 20:00 horas comeza un partido no que o Celta pode deixar case vista para sentenza a súa clasificación europea para a vindeira temporada. Un empate eliminaría da ecuación á Real Sociedade. Unha vitoria, dependendo da combinación de resultados doutros equipos, mesmo podería garantir un posto entre os oito mellores da Liga con dúas xornadas de marxe. 

Xa temos once do Celta. Como era de agardar, ata sete trocos con respecto ao partido do pasado sábado. Giráldez quere dosificar os esforzos.

Equipo da Real Sociedade. Brais Méndez, titular. A última oportunidade do equipo donostiarra para meterse en Europa

1

Partido en xogo no Reale Arena

3

Borja Iglesias!!!! Remate cruzado que marchou rozando o pau. Moi boa ocasión do Celta

10

Disparo de Aihen Muñoz que toca na defensa do Celta e acaba en córner. Tenta levar a iniciativa a Real. O saque de córner remátao desviado Zubeldia

20

Outro córner que a piques está de rematar Zubimendi. A xogada posterior de Kubo acaba nas mans de Guaita

29

Comeza a tocar o Celta. Boa xogada de ataque que culmina Mingueza cun remate alto

33

Outro saque de córner con remate de Oyarzábal. A Real só xera perigo a balón parado

43

Chega Fer López á liña de fondo pero non é quen de sacar un bo centro. A xogada anulada por fóra de xogo pero o Celta segue dando boas sensacións

44

0-1 GOOOOOOOL DE ALFON. Recibe de Borja Iglesias, falla a primeira pero no segundo intento marca o gol!!!

45 +2

Remata a primeira parte en Donosti co gol de Alfon para un Celta que está mellor no terreo de xogo

46

Comeza a segunda parte!!

50

Ten que marchar un intre do campo Carlos Domínguez cun golpe na man

53

Córner que saca Sergio Gómez, mide mal Guaita e non chega Oyarzábal ao remate

55

Entra Carreira con velocidade pola esquerda, busca o remate pero peta nun defensa e acaba en córner

56

Fer Lopez!!!! Centra Alfon e o canteirán remata alto. O Celta ten contra as cordas á Real

59

Remata desde a frontal Pablo Marín e Guaita, con suspense, consegue atrapar

65

Cabezada de Oyarzábal ao traveseiro e saca o rexeite Carlos Domínguez na liña de gol. A ocasión máis clara da Real en todo o partido

70

Salva Guaita un remate de Marín. No Celta entra Durán no lugar de Fer López

77

Cinco trocos dunha tacada, tres deles do Celta. Entran Williot, Yoel Lago e Íker Losada

84

Outros dous córners da Real Sociedade con moito perigo. Oyarzabal e Zubimendi rozaron o gol

87

Mariezkurrena remata e salva Guaita coas costas. Ataca á desesperada a Real Sociedade

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar