Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mariñeiros galegos e asturianos concéntranse contra os eólicos mariños en Oviedo

Mariñeiros galegos e asturianos concéntranse contra os eólicos mariños en Oviedo

O Goberno central programa a maioría dos parques fronte ás costas das dúas comunidades

G24.gal 18/03/2023 20:21 Última actualización 18/03/2023 20:42

O sábado pasado estiveron na Coruña e este fixéronse oír diante da Delegación do Goberno en Asturias. Mariñeiros asturianos e galegos rexeitan o mapa dos parques eólicos mariños aprobado polo Goberno, que proxecta fronte ás costas das dúas comunidades oito dos 19 polígonos previstos.

O sector advirte dos riscos para a pesca. En Portugal, onde hai dous parques, os mariñeiros confirmáronlles que non encontran peixe unha milla máis aló da zona de exclusión.

"Non nos negamos a que haxa actividades novas no mar, sobre todo cando son de enerxías renovables, pero outra cousa é cando estas enerxías renovables o que van facer é quitarnos postos de traballo", explica o presidente da Federación Nacional de Confrarías de Pescadores, Basilio Otero.

As mensaxes de calma que lles chegan desde a Administración non os convencen.

"Dicir como o conselleiro de Industria asturiano que non van nos caladoiros, cando están en doce, credibilidade pouca", apunta Adolfo García, presidente da Federación de Confrarías de Pescadores de Asturias. 

O sector seguirá adiante coas mobilizacións ata que os escoiten.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade