Marián Mouriño "A idea é estar sempre en Europa"
A presidenta do Celta recoñece a responsabilidade de liderar o proxecto co orzamento máis alto da historia do club
Prevé un mercado de inverno difícil ó non ter fichas libres neste momento
@rccelta
"É unha responsabilidade xestionar un orzamento cada vez máis alto. Pero significa a ilusión polo crecemento do club. Tratamos de aumentar ingresos, vía Europa ou por redución de gastos. Todo o que sexa mellorar o exercicio fará que haxa menos necesidade de venta. E logo resolveremos cos mercados segundo vaia acontecendo"
"32 millóns é moito pero entendiamos que esta temporada en Europa non era o momento de reducir cadro de xogadores De potenciar o gasto deportivo. A idea é estar sempre en Europa ou reducir un pouco esas cantidades"
"Sempre hai que gardar equilibrio entre decisións deportivas, contratos de xogadores e orzamentos. Entre dirección financiera, deportiva e o adestrador cadraremos para saber onde poñer os cartos, en que xogadores e en que renovacións"
"O bono celtista é un xesto simbólico. Sempre puxemos no eixo o celtista e que se poida sentir parte. Que poida dicir eu axudei ó Celta neste momento de crecemento tan importante"
"A nosa prioridade é manter o bloque. Non pensamos en ventas. Pero xa sabedes como son os mercados. Non se pode planificar. A nosa prioridade é manter o bloque, competir e non desmontar nada"
Sempre o dixen no tema Gabri, no tema Fer. Quen queira volver ... oxalá Fer poida volver algún día. Nas nosas mans non están. Non é noso, pertence a outro club. Serán a decisión do seu axente, de el e do club. Pero temos que lembrar que non hai fichas. Se non hai saídas non hai entradas. É un mercado complicado porque non temos fichas. A partir de aí a ver que pasa"