María Pérez impónse no Gran Premio de marcha dos Cantóns da Coruña
Na categoría masculina, a vitoria foi para o xaponés Yamanishi
A Coruña acolleu unha nova edición do Gran Premio de marcha dos Cantóns, un dos máis prestixiosos do calendario internacional.
Na categoría masculina non houbo sorpresa e gañou o xaponés Toshikazu Yamanishi, dobre campión mundial e bronce olímpico. Yamanishi revalidou así o triunfo que conseguiu na edición do ano pasado. O segundo foi o seu compatriota Matasora Kawano e o terceiro o mexicano Ricardo Ortiz. Boa actuación do español Diego García, quen terminou na quinta praza.
Na proba feminina, a andaluza María Pérez, dobre medallista olímpica, gañou con autoridade e cunha gran marca de unha hora, 27 minutos e 22 segundos, malia a un accidente de coche que sufríu o pasado luns e que puxo en dúbida a súa participación. A mexicana Alegna González foi a segunda e a chinesa Li Peng a terceira clasificada.