Cargando resultados...
Dani Berdomás gaña o Rally de Pontevedra e é máis líder do Galego
Terceira vitoria para o coruñés nas catro probas disputadas
Cagiao e Meira completaron o podio
Foto: Federación Galega de Automobilismo
G24.gal
06/06/2026 22:33
Rematou a cuarta proba puntuable do Campionato Xunta de Galicia de rallys, o Rally de Pontevedra, que chegou á súa oitava edición.
E a vitoria foi para o líder do campionato, Dani Berdomás co seu Citroen. É o seu terceiro triunfo en catro probas que se levan disputadas. Superou en só 11 segundos a Jorge Cagiao e o seu Toyota e nun minuto e 19 segundos a Alberto Meira.
Berdomás amplía a súa vantaxe á fronte do campionato galego, no que vai segundo Luís Vilariño.