Publicador de contidos

Publicador de contidos

Marc Carbó afronta a eliminatoria de Copa como un "reto bonito"

Marc Carbó afronta a eliminatoria de Copa como un "reto bonito"

"Atópome cómodo en calquera posición do centro do campo na que se precise"

G24.gal 10/11/2022 16:17 Última actualización 10/11/2022 16:23

Marc Carbó compareceu ante os medios no ecuador da semana de preparación para o duelo copeiro fronte ao Areas de Getxo, nun choque que, segundo apuntaba, terá moito de esixente en todos os parámetros.

Comentando o plan de partido, o xogador sinalaba a importancia fundamental de manter a atención en todos os detalles nun duelo que se antolla duro e intenso:

"Estou contento co inicio, sigo traballando, e atópome cómodo en calquera posición do centro do campo na que se precise".

"Sairemos a por todas, a Copa é un reto bonito. Sabemos que será un partido duro, pero queremos conseguir a vitoria".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar