Publicador de contidos
Publicador de contidos

Mar de fondo do noroeste con ondas de catro metros no litoral coruñés

Mar de fondo do noroeste con ondas de catro metros no litoral coruñés

A borrasca tamén está deixando chuvias localmente persistentes

G24.gal 16/10/2022 14:30 Última actualización 16/10/2022 17:52

Unha borrasca situada entre Galicia e Irlanda mantén activo un aviso amarelo por mar de fondo do noroeste en todo o litoral da provincia da Coruña, con ondas que poden superar os catro metros de altura. 

No oeste e no suroeste coruñés tamén se agardan precipitacións abondosas, con acumulacións de chuvia de ata 80 litros por metro cadrado en doce horas. A fronte irá perdendo forza ao longo da xornada do luns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos