Publicador de contidos

Publicador de contidos

Maquinaria forestal dana unha alvariza do século XVIII en Vimianzo

Maquinaria forestal dana unha alvariza do século XVIII en Vimianzo

As máquinas pisaron accidentalmente a alvariza do Corzón e derrubaron varios ocos; o propietario quere reparala

Era unha construción para protexer as colmeas, documentada dende o século XVIII 

Alvariza do Corzón, no monte Faro de Vimianzo
G24.gal 03/11/2025 14:30

Os traballos de corta de madeira no monte Faro deixaron danos no seu patrimonio etnográfico: as máquinas pisaron accidentalmente unha alvariza centenaria na zona de Cova de Ladróns. Descubriu a desfeita un veciño, Manuel Otanes, guía da ruta turística polas alvarizas de Vimianzo. 

"Estaba intacta -di- e estes días os madeireiros que viñeron cortar pisárona pola parte de atrás e tiraron con todo". Confírmao o propietario: as máquinas que entraron cortar e sacar a madeira pisaron a alvariza, e caeron as laxas en varios ocos. Din que foi un accidente, e que teñen previsto reparala. Con máis de 70 metros, é unha das alvarizas máis importantes da zona.

"Esta é das que máis lle gusta á xente", conta Manuel. "Vai ao longo de todo o regato, terá uns setenta metros de longo, e estou seguro de que continúa, pero non se ve porque cos anos o terreo tapou todo", explica.

En Vimianzo asentouse unha zona apícola importante, e xa só na ruta que fai Manolo visitan 17 alvarizas no Monte Faro. Pero hoxe o monte dá sobre todo madeira e enerxía eólica, así que é frecuente o tránsito de maquinaria pesada. Por iso Manolo vixía: anda temeroso de que danen este patrimonio. De feito, xa avisara para protexer outras alvarizas nesta contorna.

"É que non están protexidas, vai pasar como pasou cos dolmes, que os protexeron cando parte xa estaban desfeitos. A isto vaille pasar igual", di Manuel. 

A asociación galega de defensa do patrimonio, Apatrigal, vai solicitar a catalogación e protección das alvarizas centenarias do Monte Faro, e anuncia que presentarán denuncia formal polos danos causados na do Corzón. 

Danos na alvariza do Corzón, do século XVIII Danos na alvariza do Corzón, do século XVIII
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade